CB6 Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación
CB7 Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidas dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo
CB8 Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos
CB9 Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións, e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan, a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades
CB10 Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirixido ou autónomo.
Competencias xerais
CG1 Capacidade para xerar novas ideas (creatividade)
CG2 Capacidade de tomar decisións fundamentadas e resolver problemas en contextos profesionais en relación co ámbito da comunicación publicitaria e os procesos creativos
CG3 Capacidade de liderar equipos e proxectos en calquera proceso do ámbito da comunicación, a publicidade e o deseño
CG4 Capacidade de traballar nun equipo interdisciplinar
CG5 Capacidade de xestionar a información (identificar, seleccionar, contextualizar, analizar e comunicar) e integrar coñecementos en relación coas contornas publicitarias e de deseño
CG6 Capacidade para deseñar e xestionar proxectos complexos no ámbito da Publicidade e o Deseño
Competencias transversais
CT1 Capacidade para comprender o significado e aplicación da perspectiva de xénero nos distintos ámbitos de coñecemento e na práctica profesional co obxectivo de alcanzar unha sociedade máis xusta e igualitaria
CT2 Capacidade para comunicarse por oral e por escrito en lingua galega
CT3 Sustentabilidade e compromiso ambiental. Uso equitativo, responsable e eficiente dos recursos
CT4 Adaptarse aos cambios tecnolóxicos, empresariais ou organigramas laborais
Competencias específicas
CE1 Dominio dos coñecementos e instrumentos necesarios para o desempeño competente, autónomo ou colaborativo, das actividades de carácter profesional vinculadas á creatividade publicitaria
CE2 Capacidade para construír e planificar discursos propios da comunicación publicitaria para a elaboración de campañas comunicativas, adecuando as estratexias e as mensaxes aos obxectivos establecidos e aos diferentes públicos
CE3 Fomentar a capacidade analítica, crítica e reflexiva en relación a creatividade publicitaria, cun coñecemento teórico, técnico e estético sobre as orixes, o panorama actual e as novas tendencias da dirección de arte en publicidade
CE4 Coñecemento da historia e as diferentes teorías do deseño e a creatividade publicitaria
CE5 Capacidade para identificar as novas tendencias vinculadas á publicidade e a comunicación mediante o emprego de ferramentas e bases de datos específicas
CE6 Coñecemento das técnicas e procesos creativos publicitarios, tanto a nivel teórico como práctico, identificando os recursos, elementos e métodos utilizados
CE7 Capacidade teórico-práctica para a creación, elaboración e desenvolvemento dun orixinal publicitario no marco dunha estratexia corporativa global que se adapten adecuadamente ás necesidades creativas e de produción de cada unha das canles de difusión
CE8 Coñecementos básicos para situar a actividade publicitaria nun contexto de competencia local, nacional e internacional, incidindo na importancia das técnicas creativas como un activo publicitario diferencial
CE9 Capacidade para crear e desenvolver ideas de proxectos no ámbito publicitario que se adapten adecuadamente aos posibles cambios ou ás novas contornas do mercado
CE10 Capacidade para concibir e deseñar mensaxes creativas eficaces no marco dunha estratexia publicitaria, orientados a distintos medios e soportes e en función dos públicos designados
CE11 Capacidade para producir mensaxes creativas eficaces no marco dunha estratexia publicitaria
CE12 Capacidade para escribir textos publicitarios con fluidez e adecuación ás necesidades creativas dunha mensaxe, aplicando as características e peculiaridades da linguaxe publicitaria
CE13 Práctica sistemática de autoavaliación crítica de resultados: valoración da importancia de corrixir os erros cometidos no proceso creativo
CE14 Habilidade para a organización e temporalización das tarefas para cumprir os prazos de entrega dos orixinais de acordo cunha estratexia publicitaria determinada
CE15 Capacidade de crear e desenvolver marcas persoais adaptándoas a distintos medios e formatos
CE16 Coñecer as técnicas para o deseño e desenvolvemento de proxectos multimedia interactivos