Partindo do contemplado no Regulamento de Estudos de Posgrao da Universidade de Vigo, para acceder ao máster será necesario estar en posesión dun título Universitario oficial (art. 16 do RD 1393/2007) español ou expedido por unha institución de educación superior do Espazo Europeo de Educación Superior que facultan no país expedidor do título para o acceso a ensinos de Master.
Tamén poderán acceder os titulados que non pertenzan ao EEES sen necesidade de homologación dos seus títulos, previa comprobación pola Universidade de que acreditan un nivel de formación equivalente aos correspondentes títulos universitarios oficiais españois e que facultan no país expedidor do título para o acceso a ensinos de posgrao.
O acceso por esta vía non implicará a homologación do título previo de que estea en posesión o interesado, nin o seu recoñecemento a outros efectos que o de cursar os ensinos de máster.