A normativa do mestrado establece, con carácter obrigatorio, que todo o estudantado deberá realizar 150 horas de prácticas profesionais para a obtención do título.
A coordinación do mestrado encárgase de xestionar os acordos necesarios con entidades e empresas que faciliten o desenvolvemento destas prácticas. Non obstante, tamén se contempla a posibilidade de que o estudantado xestione a súa incorporación a unha entidade do seu interese. Neste caso, a universidade procederá á formalización do correspondente convenio de colaboración coa empresa, co fin de outorgar carácter oficial á actividade formativa. En cumprimento desta normativa, a totalidade do estudantado realizou prácticas preprofesionais.
Os convenios de prácticas vixentes con empresas poden consultarse na seguinte ligazón: convenios en vigor
Dinámica, criterios e convalidacións
Durante o período establecido, o estudantado do mestrado deberá poñerse en contacto con aquelas entidades que resulten do seu interese para a realización das prácticas.
Así mesmo, o estudantado poderá solicitar a convalidación das devanditas prácticas mediante a acreditación de experiencia profesional previa a través da súa vida laboral. A resolución sobre a procedencia da convalidación corresponderá á comisión académica, que avaliará cada solicitude conforme aos criterios establecidos.