A comisión académica do mestrado aprobou un Protocolo de acollida e orientación dirixido ao novo estudantado, que se articula a través das seguintes actuacións:
- No primeiro día lectivo, convócase ao conxunto do estudantado na aula asignada ao mestrado, coa presenza dos membros da comisión académica, co fin de realizar as correspondentes presentacións institucionais.
- Lévase a cabo unha sesión informativa sobre as instalacións da facultade, prestando especial atención a aqueles espazos de uso habitual no desenvolvemento do mestrado, tales como o seminario 305 (sede oficial do curso), as aulas informáticas, os laboratorios fotográficos e audiovisuais, así como as áreas destinadas aos despachos do profesorado titor.
- O estudantado recibe unha sesión específica sobre o funcionamento da biblioteca, que inclúe información relativa á súa localización, recursos dispoñibles, procedementos de consulta e acceso aos fondos, así como os sistemas de préstamo.
- Impártese unha sesión informativa por parte dos servizos informáticos sobre o proceso de alta e uso das distintas plataformas docentes.
- Finalmente, a coordinación do mestrado realiza unha exposición global dos aspectos académicos e organizativos relevantes para unha adecuada integración do estudantado, incluíndo, entre outros, os horarios, o profesorado, a organización da docencia, o réxime de presencialidade, a asignación de titorías, o desenvolvemento do Traballo de Fin de Máster, os sistemas de avaliación, os calendarios académicos, as enquisas de calidade e as actividades prácticas.