Información de contacto
Breve CV
Xosé Teiga é Graduado en Belas Artes pola Universidade de Vigo Especializándose en Audiovisuais. Técnico superior en Artes Plásticas e deseño pola ESAD de Santiago de Compostela especializándose en gráfica publicitaria e arquitectura efémera. Máis tarde realiza un Máster de especialización en identidade corporativa no Istituto Europeo dei Design e un Máster en redacción publicitaria no Creative Institute de Madrid. Complementou a súa formación académica con workshops en deseño, fotografía e arte con mestres como, Joan Costa, Alfonso Marian, Ariadna Rinaldo, Isabel Muñoz, Daniel Canogar, Xavier Ribas, Stefan Ruiz, Christian Boltanski, Tony Crag, etc, e clases mestras con Oliviero Toscani, Paul Graham, Antoine D’ agata, Karen Knorr, Angel Marcos, Neil Stuart, Eugenio Recunco, Nadav Kander, etc. Formou parte de diferentes equipos creativos como director creativo: Unlimited Creative Group, McCann World Group, G& C, Cares, Luís Carballo. Obtendo diferentes premios e distincións nacionais e internacionais como: Laus Awards, Select, Wolda, Design & Design, Letra, Anuaria, Cannes Lions Design, Graphis New York… Como artista plástico participou en numerosas exposicións internacionais como ARCO, Art Cologne, Art Turín, Expo Sevilla… e gañou diferentes bolsas: Novos Valores da Deputación de Pontevedra, Bolsas de creación artística da Deputación da Coruña, Bolsa Canon Lab no Mide da Universidade de Castela-A Mancha… Como docente impartiu diferentes conferencias no Clúster do Produto Gráfico Galego, na Facultade de comunicación audiovisual da Universidade de Vigo, nas Xornadas Intemciom, na Facultade de Deseño Industrial da Universidade da Coruña e na Facultade de Historia da Universidade de Vigo. Na actualidade compaxina o seu labor profesional coa de profesor visitante da materia de Medios non Convencionais no Master de Dirección de Arte e no Máster de Restauración da Universidade de Vigo.
Docencia
Perfil docente no portal da UVigo
1º cuadrimestre
2º cuadrimestre
P04M082V11211 | Deseño e Produción para novas tendencias en comunicación