Información de contacto
Breve CV
Doutor, con mención europea, en Publicidade e RR.PP. pola Universidade de Vigo, conta cunha sólida formación en Ciencias da Comunicación, sendo titulado en Publicidade e RR.PP., Xornalismo e Comunicación Audiovisual. Profesor contratado doutor na Universidade de Vigo, orienta a súa investigación cara á xestión publicitaria e a licitación pública de servizos de comunicación. Coordinou o Máster en Dirección de Arte Publicitaria entre 2010 e 2013 e presidente da Asociación Profesional de Publicitarios de Galicia, Creatividade Galega, entre 2010 e 2015. Traballou como Director de Comunicación da súa universidade con dous reitores, e desde 2015 é asesor de comunicación na Presidencia da Xunta de Galicia.
Docencia
Perfil docente no portal da UVigo
1º cuadrimestre
P04M082V11113 | Tendencias do sector