Información de contacto
Breve CV
Ilustrador profesional freelance e deseñador gráfico desde o ano 2000. Como ilustrador publicou con editoriais como Anaya, Kalandraka ou Index Books, entre outras. Ademais participou en proxectos premiados con premios Mestre Mateo ou Eganet. Foi membro da directiva da Asociación Galega de Profesionais da Ilustración desde o 2005, e vicepresidente da mesma desde o 2009 ata o 2012. Coordinou e comisariou exposicións de Ilustración nas dúas últimas edicións do Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra. Traballa como deseñador na empresa Sivsa. Foi profesor asociado no Departamento de Debuxo da Facultade de Belas Artes desde 2003 ata 2012, impartindo materias relacionadas coas novas tecnoloxías na licenciatura e no grao. Así mesmo impartiu clase no Máster Universitario en Libro Ilustrado e Animación Audiovisual, no Máster en Dirección de Arte en Publicidade e na titulación propia ESDEMGA (Universidade de Vigo), no Máster en Arte Dixital (Universidade do Minho, Portugal), ou na EASD Antonio Faílde (Ourense). É profesor titular de AulaD, no ciclo de Gráfica Publicitaria. Impartiu conferencias e seminarios en eventos internacionais (OFFF, Artech, Interacçao, CIDIC) e o seu traballo foi referenciado en publicacións internacionais (ESC, Web Design Index,Design for Kids). É coordinador da aula Tecnolóxica da Vicerreitoría do campus de Pontevedra da Universidade de Vigo, onde desde 2007 é responsable do programa de formación e a dirección dos cursos realizados.
Docencia
Perfil docente no portal da UVigo
1º cuadrimestre
P04M082V11117 | Deseño para medios dixitais