O deseño e implantación do Sistema de Garantía de Calidade (SGC) é competencia da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación. O Máster en Dirección de Arte en Publicidade, como todas as titulacións adscritas ao centro, adhírese a susodito SGC.
O Sistema de Garantía Interna de Calidade constitúe unha ferramenta estratéxica básica para acadar unha mellora continua do centro e das súas titulacións oficiais. Neste sentido, hai que sinalar que o R.D. 1393/2007 de 29 de outubro de 2007, polo que se establece a ordenación das ensinanzas universitarias oficiais, esixe, para a verificación e acreditación dun título, a incorporación dun sistema de garantía interno para a avaliación, seguimento e mellora da calidade da oferta formativa.