O presente PAT é un instrumento deseñado para mellorar o funcionamento do Máster en Dirección de Arte en Publicidade e concretamente para dar apoio, orientación e seguimento das necesidades do estudantado. Mediante a aplicación deste plan trátase de detectar no menor tempo posible fallos ou necesidade docentes, para que a Comisión Académica tome as medidas de apoio oportunas.

Con todo fomentarase que sexa o estudantado quen proactivamente lidere as solucións e a toma de decisións para a resolución de problemas, a través das vías establecidas. A metodoloxía aplicada nas reunións de seguimento titorial adaptarase en tempo e forma ás necesidades do estudantado.

O PAT proponse cos seguintes obxectivos:

  • Establecer un sistema de información, orientación e canalización socioeducativa para o estudantado de novo ingreso mediante a asignación dunha persoa docente titora.
  • Implantar un sistema de información, por curso, para o estudantado sobre o funcionamento do centro.
  • Motivar unha participación activa do estudantado de novo ingreso nos distintos aspectos da vida universitaria.
  • Axudar ao estudantado en situacións persoais que dificulten o seu normal desenvolvemento da actividade académica.
  • Utilizar o PAT como unha forma máis de obtención de datos e valoración sobre o propio desenvolvemento e mellora de calidade da titulación.

Plan de Acción Titorial na CSC