A comisión do máster aprobou, na súa reunión de 12 de Julio de 2014, o novo Protocolo de acollida e orientación do novo estudantado, que cumpre os seguintes pasos:

  • O primeiro día de clases, todo o estudantado é citado a un Café de Inauguración, no cal están presentes os membros da comisión e fanse as oportunas presentacións
  • Farase unha visita ás instalacións da facultade, con especial detemento naquelas que se utilizarán no máster como o Seminario 12, sede oficial do curso, as aulas informáticas, os laboratorios fotográficos e audiovisuais e a zona de despachos dos titores
  • Visita á Biblioteca, na que reciben unha clase de 60 minutos sobre localización e utilización dos fondos, modos de solicitude de libros e mecánica de préstamos
  • Finalmente, no Seminario 12, o coordinador do máster realiza unha exposición panorámica de todos os aspectos de interese, para unha orientación adecuada: horarios, profesores, organización da docencia, presencialidade, asignación de persoal titor, Traballos de Fin de Máster, enquisas de calidade, traballos prácticos, sistema de avaliación, calendarios, etc