Inicio
Máster en Direccion de Arte en Publicidade
O Máster en Dirección de Arte en Publicidade proporciona unha perspectiva profesional sobre deseño gráfico e creatividade dentro do proceso publicitario.
Trátase dun posgrao cun plan de estudos eminentemente práctico dirixido a proporcionarlle ao estudante a mellor formación para integrarse en departamentos de arte e ser parte activa do proceso creativo.
As prácticas en empresas obrigatorias e a posibilidade de realizar parte dos estudos no estranxeiro facilitarán que os estudantes adquiran unha perspectiva global e profesionalizante do mercado no que van desenvolver a súa actividade.